5. Os privilexiados: o clero

Na Idade Media, a meirande parte dos habitantes de Europa eran cristiáns. As crenzas relixiosas rexían a espiritualidade das persoas e, ademais, organizaban a vida comunitaria.
Todos os homes e mulleres que dedicaban a súa vida ao servizo da Igrexa constituían o clero. Na cúspide da xerarquía atopábase o papa, que residía en Roma.
Responde as seguintes cuestións:
- Que papel desempeñaba a Igrexa na Idade Media? A que funcións se dedicaban os seus membros?
- Como influía a Igrexa na vida cotiá da comunidade? Que normas relixiosas rexían a vida social?
- Le o testamento da páxina 56 do teu libro e explica que disposicións fai constar o seu signatario. Por que cres que o facía? Que consecuencias tiñan estes actos para a Igrexa?
- Observa o esquema da páxina 56 do teu libro e describe como obtiña a Igrexa as súas rendas. Pódese considerar que as terras da Igrexa eran señoríos feudais? Por que?
- Le o texto e observa o debuxo da páxina 57 do teu libro sobre a organización da Igrexa, e despois responde as cuestións:
- Quen era a máxima autoridade da Igrexa? Como se presentaba xerarquicamente a Igrexa? Que clérigos tiñan contacto cos fregueses?
- Explica as diferenzas entre o clero regular e o clero secular. É o mesmo un mosteiro ca un convento?
- Pódese considerar que nesta época todo o clero formaba parte do grupo social dos privilexiados? Xustifica a túa resposta.