6. O feudo: señores e campesiños

Na Idade Media, a meirande parte da terra estaba en mans dos privilexiados, fosen laicos (nobres) ou relixiosos (clero), e constituían un feudo ou señorío.
O feudo non era unha propiedade privada, senón vinculada. Iso significa que o señor tiña o dereito de explotala para tirar beneficios da terra e podía transmitírllela en herdanza aos seus descendentes, pero non se podía comprar nin vender.