1. Que aconteceu co antigo Imperio romano?

As invasións xermánicas do século V acabaron co débil Imperio romano, xa partido en dous (Oriente e Occidente) desde o ano 395. A ruptura foi tan importante que os historiadores marcan a caída de Roma (476) como a fin da Antigüidade e o inicio da Idade Media.
Ademais, a aparición dunha nova civilización, a islámica, no século VII, rompeu de xeito definitivo a unidade cultural, económica e política da época romana. A partir dese momento, tres grandes civilizacións repartiron entre elas o espazo territorial do Imperio romano.
Le as páxinas 8 e 9 do teu libro
e a continuación contesta as seguintes cuestións:
1. Observa o mapa dos reinos xermánicos. Enuméraos, indica que espazo ocupaban e explica cando e por que formaron os seus reinos.
2. Que características presentaban estes pobos? Busca tres trazos que os diferenciaban, polo seu modo de vida, dos romanos.
3. Que tres civilizacións apareceron no territorio do antigo Imperio romano? Cal delas era a que mantiña máis continuidade co Imperio? Cal cres que era a máis diferente? Cres que nos reinos xermánicos, durante a Idade Media, se mantivo algunha continuidade coa cultura romana? Xustifícalo.
4. Por que a partir do século VII se fragmentou definitivamente a unidade cultural das terras do Mediterráneo? Cres que iso se mantivo na actualidade?
5. Define os seguites termos:
- bárbaro: Relativo ou pertencente aos pobos non gregos na Grecia antiga e tamén aos que vivían fóra dos límites do Imperio Romano en particular os xermánicos na Antigüidade e principios da Idade Media.
- hunos: Relativo ou pertencente a un pobo nómade de Asia que, durante os séculos IV e V d.C., invadiu gran parte de Europa Oriental establecéndose ao norte do Mar Negro e do Cáucaso.
- Atila
- helenismo
- monoteísmo