2. O reino suevo de Galicia

Coa crise do Imperio romano e as invasións dos pobos xermánicos, chegaron ás nosas terras os suevos. Formaron un reino que durou algo menos de dous séculos, aínda que durante este tempo non mudaron as formas de vida da poboación hispanorromana. Finalmente, no ano 585, os visigodos apoderáronse do reino suevo.

Le as páxinas 8 e 9 do teu libro e responde as seguintes cuestións:

1. Quen eran os suevos? De onde proviñan? Describe a zona ocupada polo primeiro asentamento suevo. Por onde se espallaron os suevos? Con que territorio quedaron definitivamente a partir de finais do século V?

2. Que dúas etapas podes distinguir na evolución do reino suevo? Cando finalizou este reino?

3. De que xeito explicarías os conflitos entre os suevos e os visigodos?

4. Caracteriza a economía e a sociedade do reino suevo.

Define os seguintes termos:

  • códice
  • herexía
  • arrianismo
  • mosteiro
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo"
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar