9. Obradoiro de Historia - Aprende a...


Aprende a...

Completar e comentar un mapa histórico

O marco europeo entre os séculos VI e VIII

1. Presentación

  • Identifica o espazo físico do mapa. A que época corresponde? Que feito esencial representa?

2. Descrición

  • Que división establece a liña vermella (completa a lenda)? Por que e cando se produciu esta división?
  • Que entidades políticas estaban situadas na zona occidental a comezos do século VI? Cita os diferentes reinos. Cando e como se formaron?
  • A que imperio lle correspondía a zona oriental? Cando e como xurdiu?

3. Situación do mapa

  • Que cultura irrompeu en Europa a partir do século VII? Identifica o territorio que ocupaba a comezos do século VIII e indícao no mapa segundo o símbolo da lenda.
  • Que imperio se formou a partir de finais do século VIII e na zona occidental? Identifica este territorio e indícao no mapa segundo o símbolo da lenda.

4. Análise histórica

  • Que sucedeu a partir do século V nas terras do antigo Imperio romano? Por que falamos de fragmentación do mundo antigo?
  • Explica que significou a aparición do Islam no marco europeo. Relaciónao tamén coa ruptura da unidade mediterránea.

Organización da información. A fin do mundo antigo

Busca a resposta correcta a cada unha das preguntas:

a) Que foi o Imperio bizantino



b) Cando e como apareceu o Islam?



c) Como se formou o imperio carlolinxio?



d) Que foron os reinos xermánicos?

  1. Na península de Arabia, no século VII. Mahoma afirmou que lle foran revelados por Alá (Deus) os fundamentos dunha nova relixión, e comezou a súa expansión.
  2. Grazas a Carlomagno, o fillo do rei carolinxio Pipino o Breve, que ampliou o seu reino e espallou o cristianismo por gran parte de Europa occidental, foi coroado emperador no ano 800.
  3. Foron uns pobos bárbaros que irromperon en masa no Imperio romano de Occidente e acabaron conquistando o seu territorio.
  4. Era un imperio cristián, herdeiro do Imperio romano de Oriente e dirixido polo basileus. A súa capital, Constantinopla, foi chamada "a nova Roma".


Espazo e tempo. Cronoloxía da fragmentación do mundo antigo

Relaciona cada acontecemento coa súa data correspondente. Despois ordénaos sobre o eixe:

a) Caída do Imperio romano.

b) Invasións bárbaras na Península Ibérica.

c) Conversión de Recaredo.

d) Carlomagno, emperador.

e) División do Imperio romano.

f) Expulsión dos bizantinos.

g) Chegada dos musulmáns.

h) Expulsión dos suevos.

1. 800

2. 587

3. 476

4. 409

5. 711

6. 585

7. 395

8. 623

Fontes documentais. As invasións do século V

O pequeno número dos que sobrevivimos non foi grazas aos nosos méritos, senón a misericordia do Señor. Pobos innumerables e feroces ocuparon o conxunto da Galia. Todo o territorio que se espalla polos Alpes e os Pirineos, o que limita co océano e o Rin, foi devastado por quados, vándalos, sármatas, alanos, hérulos, saxóns, burgundios, alamanos, etc. (...).

Maguncia, noutrora ilustre, foi tomada e saqueada. Na súa igrexa, milleiros de homes foron masacrados. Worms foi reducida despois dun longo asedio. As cidades ficaron despoboadas pola espada e a fame. Non podo lembrar sen bágoas Tolosa (...). Hispania mesma, treme (...).

San Xerome: Carta a Xeruchia, século V.

  • Que episodio narra o texto? É unha fonte primaria ou secundaria? Que causas o provocaron? En que época se sitúa?
  • Que consecuencias sociais e económicas se derivan da irrupción destes pobos nas terras do Imperio romano?
  • Que novas formas políticas se desenvolveron a partir do século V? Que características tiñan?
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo"
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar