1. Como se expandiu o Islam?

Despois da conquista da península Arábiga por Mahoma e os seus seguidores, os musulmáns, en nome da nova relixión islámica conquistaron un grande imperio que se espallou dende o océano Índico ata o Atlántico.

Nesta expansión cruzaron o estreito de Xibraltar e chegaron á Península Ibérica. Nos primeiros anos do século VIII, a Península foi conquistada case na súa totalidade e incorporada ao Imperio islámico co nome de Al-Andalus.

Contesta as seguintes preguntas:

1. Observa o mapa da expansión do Imperio islámico nos séculos VII e VIII:

  • Cal foi o territorio orixinario do Islam? Cales eran as cidades máis importantes?
  • Explica en que etapas sucesivas se conquistou o Imperio islámico. Que cidades foron a súa capital en cada etapa?
  • Que batallas frearon a expansión islámica?

2. Que dinastías de califas se sucederon a partir da morte de Mahoma? En qué época o imperio acadou unha maior extensión? 

3. Como afectou a expansión militar islámica a Península Ibérica? Baixo que dinastía se levou a cabo a conquista? Que nome recibiron os territorios conquistados?

4. Como foi a expansión cultural e comercial dos musulmáns? Que incidencia tivo no Mediterráneo?

5. Argumenta por que, se os musulmáns non perseguiron os crentes doutras relixións, a maioría dos pobos conquistados acabaron por islamizarse.

© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo"
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar