5. As cidades de Al-Andalus


No mundo islámico, o centro de toda a actividade económica era a cidade. Alí concentrábase a produción manufacturera, intercambiábanse produtos agrarios e artesanais e conectábanse as rutas do comercio internacional a longa distancia.

A sociedade andalusí era eminentemente urbana e nas cidades concentrábase unha elevada poboación, que reunía diversidade de relixións e categorías sociais.

  Responde as seguintes cuestións:

  1. Que importancia tiñan as cidades na sociedade de Al-Andalus? Cales eran as máis poboadas?
  2. Que diferentes grupos sociais existían en Al-Andalus? Agrúpaos por relixión e categoría social.
  3. Cales eran as principais actividades artesanais? Como se organizaban os artesáns?
  4. Observa con detalle o debuxo do zoco da páxina 36 e describe como era. Que mercadorías están a venda? Como visten homes e mulleres?
  5. Observa o debuxo da cidade da páxina 37 e descríbea. Despois, completa o seguinte cadro:

Edificación

mesquita

.....

Descrición

.....

.....

Función

relixiosa

.....

Moitas cidades de Al-Andalus contaban con numerosos baños públicos chamados hammam. Consulta a páxina web https://es.tiching.com/link/739553 e explica de que salas constaba e que actividades se realizaban neles. Tiñan algunha semellanza coas termas romanas?

© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo"
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar