7. A arte andalusí

As manifestacións artísticas da cultura islámica están moi vinculadas á relixiosidade e caracterízanse polo predominio da arquitectura sobre as diferentes artes.

A construcción máis representativa é a mesquita, pero tamén se construíron edificacións civís como fortalezas, palacios, zocos, baños públicos e escolas (madrasas).

A prohibición coránica de representar imaxes humanas implicou un escaso desenvolvemento da pintura e da escultura, e o predominio de motivos abstractos e xeométricos. A súa función primordial foi a ornamentación dos muros arquitectónicos.

Os artistas cultivaron distintas artes decorativas, destacando os obxectos de metal, cristal e marfil (vaixelas, xerras, aldrabas...), a marquetería e, sobre todo, a cerámica e o mosaico, decorados cunha enorme variedade de motivos, formas e cores. 

 Responde as seguintes cuestións:

  1. Explica cales eran as características da arquitectura andalusí e exemplifícaas nas imaxes.
  2. Enumera os distintos tipos de arcos e decoración ornamental e describe como eran.
  3. Que caracteriza cada etapa da arquitectura de Al-Andalus? Cita unha obra de cada una.

Ficha Art @

Coa axuda de Internet, elabora unha ficha sobre a mesquita de Córdoba:

  • Identificación. Sitúa cronoloxicamente a obra. Cando e quen iniciou a súa construción? Que sucesivas reformas se fixeron?
  • Descrición arquitectónica. Que sala podes ver na fotografía da páxina 41? Describe como son os arcos, as columnas e os chapiteis.
  • Relación entre arte e sociedade. Por que a mesquita doi a maior construción da Córdoba andalusí?
© 2016 Departamento de Xeografía e Historia - IES "Isaac Díaz Pardo"
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar