Obradoiro de Historia

- Fontes materiais. A cartografía.
- Fontes documentais. Numeración arábiga.
- Fontes materiais. Elementos artísticos.
- Traballo colaborativo. Palabras e topónimos de orixe árabe.
Fontes materiais. A cartografía. Este mapa foi confeccionado polo cartógrafo andalusí al-Idrisi no século XII. Obsérvao e completa as actividades.

Mapa do mundo de al-Idrisi, 1154
- Observa como está orientado o mapa. Que territorios situaban ao norte os cartógrafos musulmáns da Indade Media? Como o facemos na actualidade?
- Identifica a que territorio corresponde cada uno dos números sinalados no mapa da páxina 43 e a que mar ou océano fan referencia cada unha das letras.
3. Que rexións do mundo están mellor representadas? Cales aparecen máis deformadas? Como che axudou coñecer quen é o seu autor para responder?
4. Este mapa foi encargado polo rei de Sicilia. Localiza esta illa no mapa. Está ben proporcionada?
5. Por que un rei podía estar interesado en ter este mapa? Cal cres que era a súa utilidade na época da Idade Media?

Fontes documentais. Numeración arábiga.
- Lembra cal é a orixe dos números que empregamos na actualidade.
- A que número actual corresponde cada un dos signos árabes e romanos? Que nome recibe o noso sistema de numeración? Por que?
- Que cifra importante non tiñan os romanos?

Fontes materiais. Elementos artísticos.
- Identifica a que tipo de decoración corresponde a imaxe sinalada cun número. Onde se colocaban? Por que non adoitan aparecer figuras humanas?
- Nomea o tipo de arco representado nas imaxes cunha letra e describe que elemento caracteriza cada un.

Traballo colaborativo. Palabras e topónimos de orixe árabe.
- Organizádevos en grupos de cinco. A tarefa consiste en construír un breve dicionario de palabras e topónimos de orixe árabe.
- Cada grupo debe buscar 20 palabras de orixe árabe e clasificalas por temas: froitas, vexetais, sistemas de rega, utensilios, edificacións, etc.
- Recompilade os traballos de todos os grupos e eliminade as palabras que se repitan. Despois, confeccionade un dicionario ordenando as palabras por orde alfabética.