4. Rodrigo é armado cabaleiro

Rodrigo é o único fillo varón dunha familia nobre, que desde pequeno foi educado e adestrado para poder ser investido cabaleiro.
Axiña se poñerá ao servizo dun importante señor, que posúe un castelo e pode manter un numeroso exército. Formará parte da orde de cabalería, unha institución de guerreiros que tiñan como ideais a valentía, a lealdade ao seu señor, a fidelidade á súa dama e a defensa dos máis débiles da sociedade.
Para chegar a ser cabaleiro, Rodrigo deberá adiestrarse duramente e, despois poderá ser armado mediante unha cerimonia moi solemne.
Ao longo da súa vida estará ao servizo do seu señor e coa súa conduta deberá manter sempre a honra que debe caracterizar a un cabaleiro.
Responde as seguintes cuestións:
Imaxina que es Rodrigo e acabas de ser investido cabaleiro:
- Que razóns te impulsaron a ser cabaleiro? Explica que adestramento seguiches para prepararte.
- Describe como se desenvolveu a cerimonia da túa investidura. Que armamento formará o teu equipo de cabaleiro? Que función ten cada unha das armas?
- Debuxa un escudo de armas que te identifique en combates e torneos.