4. Hammal, un campesiño da alcaría

Hammal é o pai dunha familia campesiña dedicada á agricultura. Vive nunha alcaría, unha pequena comunidade rural non moi afastada da cidade que conta con algunhas casas habitadas por diferentes familias.
Hammal non é propietario da terra que traballa, senón que cultiva unhas parcelas que un rico señor lle arrendou.
É unha terra fértil e própera, que dá bos froitos todo o ano porque está regada mediante un sistema de pozos, alxibes e aceas.
1. Como era a agricultura de Al-Andalus? Que novidades introduciu? Que novos cultivos implantou?
2. Observa o debuxo da alcaría:
- Describe como era unha alcaría, de que partes constaba e que produtos se cultivaban nela.
- Enumera todos os elementos construidos para facilitar a rega dos cultivos.
- Xustifica por que eran tan importantes os sistemas de regadío e que consecuencias se derivaron deles.
3. Le o texto de al-Ugrí da páxina 35. Indaga en que ano se inicia o calendario musulmán. Que ano é o que nomea o texto segundo o calendario cristián?